Queridos veciños e veciñas.

O vindeiro domingo 24 de marzo celebramos unha nova edición da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, esa cita tan especial que nos distingue como lugar de referencia gastronómica en toda Galicia e que este ano cumpre o seu 30 aniversario.

Aló polo ano 1993 iniciábase o camiño da nosa Feira do Queixo e Pan, dous produtos que con tanto orgullo festexamos no noso querido municipio de Friol, e que son una mostra perfecta do valor dos saberes e sabores do noso pobo.

É un auténtico privilexio para min convidarvos un ano máis a asistir a esta festa tradicional que representa o maior escaparate turístico de Friol; que axuda a dinamizar de maneira vital a actividade económica local e que sen dúbida segue a ser un dos nosos principais sinais de identidade como Friolenses.

Tamén quero convidarvos a participar no acto especial conmemorativo deste 30 aniversario, que terá lugar o venres 22 no salón de actos do Centro Sociocultural a partir das 7 da tarde.

Recibide un afectuoso saúdo e os meus mellores desexos para esta 30ª edición, para a que desde o Concello temos preparado un emotivo programa de actividades, para que tanto veciños como visitantes disfrutemos do queixo e do pan, da gastronomía, da música e da perfecta hospitalidade das nosas xentes.

José A. Santos Sánchez

Alcalde de Friol